viernes, 12 de junio de 2020

Agardando a Godot

Agardando a Godot
Cando empezas a lela obra pode parecerche unha comedia pero realmente esta obra esta calificada de drama e se o pensamos ben é así.
A obra trata sobre dous vagabundos que baixo un sauce chorón esperan ao seu amigo Godot o cal nunca chega. A obra baséase nas conversacións con estrutura absurda dos persoaxes. Falo de estrurtura absurda porque o absurdo está só por fora xa que realmente todo é máis profundo do que parece. Por exemplo hai nun momento no que falan da biblia e do ladrón arrepentido e de como é que dos catro que contan a historia so un a sostuvese e aínda así todos creesen nesa. Pode ser unha crítica a igrexia ou simplemente unha crítica a que necesitamos que alguén nos conte unha verdade aunque non sexa certa e nos aferrámonos a ela.


Samuel Beckett foi un dramaturgo, novelista, crítico e poeta irlandés que pertenencía ao experimentalismo literario do século XX e que foi un dos máis importantes representantes do teatro do absurdo que de absurdo non ten nada.
Foi galardonado co premio Nobel de literatura no 1969 polo novedoso da súa literatura e do seu significado e filosofía.
Esperando a Godot” llega a Zaragoza con un reparto de lujo ...
Agora un pequeno resumo falando simplemente da acción que transcorre durante a obra para logo falar en profundidade de por que o teatro do absurdo non é tan absurdo.


O Acto I comeza cos nosos dous protagonistas Vladimir e Estragon (Vivi e Gogo para os amigos) falando mentres esperan baixo un sauce chorón moi decaído. Xa aquí atopamos o teatro do absurdo, non só nas conversas se non nas acotacións xa que nun momento un di que lle de un abrazo pero na acotación pon que o que fan e darse a man. Tamén pregúntanse que sería de un sen o outro. No meu parecer son dous tolos non só polas tendencias suicidas e a decisión de aforcarse sen sequera pensalo dous segundos. Parecenme tolos tamén porque cando queren saber algo buscan as respostas na paisaxe coma por exemplo a hora que é. Agardan a Godot que ao parecer onte ( ou antonte realmente non o saben) tiveron unha liorta e paréce que queren facer as paces. Hai un momento no que se pelexan pero acto seguido bésanse apaixonadamente e xusto despois volven a normalidade. En certo momento chega Pozzo e Lucky. Vladimir e Estrgaon pensan que é Godot e aínda que estes dinlle que non estos non chegan a creerlo de todo. (A acotación esta feita de forma que sea gracioso pois entra o persoaxe e leva unha corda polo que todos pensarían que levaría un animal pero realmente e Lucky o que vai atado a corda. Especifíca que a corda sexa larga pois así e posible o momento de dúbida que logo remata con Lucky en vez dun animal). Pozzo é un home adinerado que tampouco sabe a donde vai só sabe que ten que seguir pero queda un  rato para entreterse e entretelos co seu criado Lucky o cal está grabemente ferido. Pozzo dilles que non lle gusta Lucky e que vai vendelo no mercado para sacarse algo e aos noso protagonistas non lles parece nada ben xa que teñen bo corazón. Pozzo ordénalle a Lucky que os entreteña e iste ponse a bailar e da un gran discurso.Pozzo e Lucky marchan. 
Chega un Rapaz que aparentemente traballa para Godot ainda que seguramente sexa unha alucinación. Dilles que Godot non chegará hoxe se non mañá. Agora e de noite e deciden ir para volver maña e póñense melancólicos coa súa relación de máis de 50 anos

Pocas mujeres interpretan 'Esperando a Godot' y Samuel Beckett ...

No Acto II Vivi e Gogo vólvense a encontrar xa que non pasaron a noite xuntos. A Estragón pegáronlle e ademáis non recorda moi ben o que pasara o día anterior e Vladimir tenta de facerllo recordar. Esta vez o sauce chorón está cheo de vida o que pode ser símbolo de algo ou quizais e que chegou a primaveira pero eles ao estar locos non o saben e levan vivndo sen saber un tempo. De súpeto oen un ruidos e pensan que é Godot pero realmente os están rodeando. Estes ocultanse é cando saen de novo ven que non hai ninguén polo que eu penso están paranoicos.
Volven a entrar en escea Pozzo e Lucky. Pozzo está no chan e prométe pagarlles se lle axudan a levantar e o van intentando e Pozzo vai subindo a paga. Cando o consguen este di estar cego e non reconocerlles. Despois os nosos dous protagonistas pídenlle a Lucky que os entreteña pero Pozzo di que é mudo. Todo é moi extraño e logo vanse. Aparece outro rapaz ou quizais o mesmo e dilles que Godot aparecerá mañá e que leva barba branca. Eles toman a decisión de que se mañá non chega Godot eles aforcaránse.
Así remata a historia aparentamente absurda pero que realmente non o é tanto.

Vladimir: Di: estoy contento. Estragon: Estoy contento. Vladimir: Estamos contentos. Estragon: Estamos contentos. (Silencio). ¿Y qué hacemos ahora que estamos contentos? Vladimir: Esperamos a Godot. Estragon: Es cierto.



Non é a nosa vida moi parecida a esta historia? Pasámonos a vida esperando a algo que nunca chegará ( quizás a completa e innamovible felicidade ) e mentres tanto vamos marcándosnos pequenos obxectivos que fan que todo teña un aparente sentido (que ben! xa conseguín aforrar o suficiente para ter este coche!) e logo pasamos a outro e aoutro porque o peor que nos pode pasar e quedarnos sen algo que facer, sen un obxectivo, volveríamonos tolos. Recórdovos que son vagabundos, realmente non teñen nada e non aspiran a nada, márcanse un obxectivo que é agradar a Godot e cando este obxectivo floxea pensan en quitarse a vida. Ao final Godot non chega e seguramente nunca existiu. E cando se den conta aforcaránse ao igual que nós se nos decatásemos de que a completa felicidade a cal é o noso obxectivo nunca existiu e existirá.


 Aínda que sempre queda a esperanza que é o último que se perde.


lunes, 18 de mayo de 2020

Kafkiano T3 Ep 9

Que significa Kafkiano?
Ben, para responder a esta pregunta en vez de poñer a propia definición vou falar do capítulo da serie Breaking Bad chamado Kafkiano. 
Neste capítulo o personaxe Jesse Pinkman asiste a unha terapia de grupo para drogadictos e conta a seguinte historia. El estaba nun curso de carpintería simplemente porque non era algo demasiado complicado e tampouco se lle daba mal. Un día o profesor dille a clase que nunha semana terán que entregar unha caixa de madeira con bordados e que conta para nota. Jesse fixo o mínimo e entregoulle unha caixa bastante pobre. O profesor deulle outra oportunidade e Jesse di que viu que o seu profesor cria nel polo que decidiu volvelo a intentar e esta vez con ganas. Unha vez o traballo estaba rematado Jesse sentíase realmente orgulloso da súa caixa pero en vez de entregala a persoa que confiou nel decidiu vendela para así comprar unha misera bolsa de marihuana. Ao termiñar de contar isto a persoa ao mando da terapia dille que iso é moi Kafkiano. Jesse non sabe o que significa pero fai un xesto afirmativo e logo ao longo da serie vaino utilizando sen saber o seu significado real ainda que realemente acertando ao describir aquelas situacións. Por iso crin que esta pequena historia serviría para explicalo pois Jesse sin sabelo comprendía perfectamente o significado e utilizaba a expresión cando cumpría.

Agora prosigamos coa materia principal da entrada
Franz Kafka - Wikipedia, la enciclopedia libre
Kafka naceu en 1883 en Praga e morreu en Kierling, Austria en 1924. Viviu na xa inexistente Bohemia onde as novas xeracións xa empezaban a cultivar certo antisemitismo. Nesa época os Checos veían aos xudeos como alemáns e os alemáns víanos como xudeos polo que non eran apreciados por ningún dos bandos. Viviu nun medio intelectual que realmente era un ghetto xudeu, aislado dos checos pola súa condición lingüística e cultural alemana e dos alemáns por ser simplemente xudeos. Isto fixo que máis tarde interesarse pola cultura hebrea. Un acontecimiento importante nesta época e a Primeira Guerra Mundial pero realmente non é algo que lle afectara moito.

O que realmente marcou a súa obra foi a súa relación co seu pai, tanto foi así que un dos seus escritos máis importanes é Carta ao pai. É unha carta que Franz Kafka escribiu ao seu pai Herrman en noviembre de 1919 na que a pesar de tela escrito para reconciliarse criticalle pola súa conduta emocionalmente abusiva e hipócrita cara a el. Constaba de 103 páxinas manuscritas. A carta foi entregada a súa nai pero ela devolveulla. Tamén se lla entregou a unha amiga para e díxolle que ra por si quería saber do seu pasado. A carta foi publicada unha vez Kafka xa estaba morto. Esta carta é moi importante pois axúdanos a entrar nos seus sentimentos máis íntimos os cales influíron nas súas historias e fan que as comprendamos mellor.

Outras obras importantes, a parte da Metamorfose da que xa imos falar, son O proceso e O castelo.

-O proceso: Josef K. esperta unha mañá e é detido por un delito do ca non coñece nada. Non se sabe quen move os fíos para inculpalo. É unha situación absurda pero totalmente verosímil que critica a burocracia e ademáis mediante avanza a novela e incluso dramática pois ao protagonista váselle creando un sentimento de culpabilidade que o fai sumiso ao proceso, á lei.

-O castelo:  Trata sobre a alineación, a burocracia e a frustación, aparentemente intermiñable, dos intentos do home por incorporarse ao sistema. Admais e unha obra escrita nos seus últimos momentos polo que trata o tema da morte e perguntandose se é o principio ou o final.

Agora pasemos coa Metamorfose.
Rediseño "La metamorfosis" | Domestika
A obra trata sobre Gregorio, un xoven que un día esperta transformado en  insecto o cal para el é un problema non por ser un insecto se non porque non pode ir a traballar o que lle fastidia moito porque o seu traballo é o que mantén a súa familia. É un exemplo de situación absurda pois el intenta ir a traballar e parece non darlle importancia á súa transformación. Ao largo da novela vese como evolucionan as realcións coa familia e como pouco a pouco agobianse e cansanse de gergorio que pasa a ser coma un parásito o que é bastante tráxico. Ao final morre e vendo outra vez un uso de símbolos típicos de Kafka o tempo cambia radicalmente de choiva a un día soleado. É un moemnto tráxico e o verdadeiro drama eu creo que é que que a familia séntese aliviada de que Gregorio morrese. 

Iste tipo de dramas poden ser moito máis realistas (sen contar a transformación dunha persoa en insecto) ca os que presentan nas películas que son moito máis idealizados. Os nosos dramas vistos dende fora sempre teñen un toque absurdo que nos na metidos na traxedia non podemos ver. E creo que isto que dixen defíneo moi ben Kafka nesta cita:

"Hai problemas que xamais houbéramos resolto se foran realmente nosoa problemas"

Aquí un vídeo con algunhas das suas frases que nos dará que pensar e axudarános a enteder mellor a este autor



jueves, 23 de abril de 2020

Para ser alumn@ hoxe

Ingredientes: sentido común, amabilidade, coñecementos básicos de informática, forza de vontade, interés, ganas, concentración, respeto.

Preparación:

O primeiro de todo é sentido común que é como o sal, vai en todas as receitas serve para que todo sexa viábel. Despois engadimos amabilidade a cal é importante pois crea un aura máis agradábel e a ollos de profesores pode ser algo ventaxoso pois somos humáns non de todo obexectivos. (amabilidade non debe botarse moitísima pois pode conevrterse nunha pelota e o resultado non é agradábel)
Non todo son exames, tamén hai traballos e nos días que corren para poder facelos e entrgalos precisaremos do ingrediente dos coñecementos básicos de informática.
O interese combina moi ben coas ganas pois sen unha non hai outra.
A concentración e algo importante porque se nunha clase preguntas o que algunha xente considera moitas veces podes ser vítima de resoplidos e variantes, ademáis a hora de estudar serve de moito.
A forza de vontade é tamén importante pois a necesitarás para estudar ao día xa que as veces sen un pouco de presión non estudamos pero como esta é unha receta do todo sá cambiamos a presión por forza de vontade. Ademáis necesitamos diso para non acabar tomando substancias como sa sexan pastillas pra non dormir e así rendir (as cales poden ser adictivas e é un problema que afecta entre o 4 e o 11% dos estudantes). Informacíon sacada de Familia.com e escrito por Marta Martínez Aguirre licenciada en psicoloxía e cun posgrado en Logoterapia.
Por último o ingrediente máis importante, orespecto pode ser de marca blanca ou ser de verdade pero sempre debemos botalo.

Consellos na preparación:

Falamos de exames polo que aquí está un consello sobre como lidiar con eles sen ningún problema. Debes poñelo cada víspera dun exame:

Ibai Llanos vídeo para aprobar todos os exames