viernes, 12 de junio de 2020

Agardando a Godot

Agardando a Godot
Cando empezas a lela obra pode parecerche unha comedia pero realmente esta obra esta calificada de drama e se o pensamos ben é así.
A obra trata sobre dous vagabundos que baixo un sauce chorón esperan ao seu amigo Godot o cal nunca chega. A obra baséase nas conversacións con estrutura absurda dos persoaxes. Falo de estrurtura absurda porque o absurdo está só por fora xa que realmente todo é máis profundo do que parece. Por exemplo hai nun momento no que falan da biblia e do ladrón arrepentido e de como é que dos catro que contan a historia so un a sostuvese e aínda así todos creesen nesa. Pode ser unha crítica a igrexia ou simplemente unha crítica a que necesitamos que alguén nos conte unha verdade aunque non sexa certa e nos aferrámonos a ela.


Samuel Beckett foi un dramaturgo, novelista, crítico e poeta irlandés que pertenencía ao experimentalismo literario do século XX e que foi un dos máis importantes representantes do teatro do absurdo que de absurdo non ten nada.
Foi galardonado co premio Nobel de literatura no 1969 polo novedoso da súa literatura e do seu significado e filosofía.
Esperando a Godot” llega a Zaragoza con un reparto de lujo ...
Agora un pequeno resumo falando simplemente da acción que transcorre durante a obra para logo falar en profundidade de por que o teatro do absurdo non é tan absurdo.


O Acto I comeza cos nosos dous protagonistas Vladimir e Estragon (Vivi e Gogo para os amigos) falando mentres esperan baixo un sauce chorón moi decaído. Xa aquí atopamos o teatro do absurdo, non só nas conversas se non nas acotacións xa que nun momento un di que lle de un abrazo pero na acotación pon que o que fan e darse a man. Tamén pregúntanse que sería de un sen o outro. No meu parecer son dous tolos non só polas tendencias suicidas e a decisión de aforcarse sen sequera pensalo dous segundos. Parecenme tolos tamén porque cando queren saber algo buscan as respostas na paisaxe coma por exemplo a hora que é. Agardan a Godot que ao parecer onte ( ou antonte realmente non o saben) tiveron unha liorta e paréce que queren facer as paces. Hai un momento no que se pelexan pero acto seguido bésanse apaixonadamente e xusto despois volven a normalidade. En certo momento chega Pozzo e Lucky. Vladimir e Estrgaon pensan que é Godot e aínda que estes dinlle que non estos non chegan a creerlo de todo. (A acotación esta feita de forma que sea gracioso pois entra o persoaxe e leva unha corda polo que todos pensarían que levaría un animal pero realmente e Lucky o que vai atado a corda. Especifíca que a corda sexa larga pois así e posible o momento de dúbida que logo remata con Lucky en vez dun animal). Pozzo é un home adinerado que tampouco sabe a donde vai só sabe que ten que seguir pero queda un  rato para entreterse e entretelos co seu criado Lucky o cal está grabemente ferido. Pozzo dilles que non lle gusta Lucky e que vai vendelo no mercado para sacarse algo e aos noso protagonistas non lles parece nada ben xa que teñen bo corazón. Pozzo ordénalle a Lucky que os entreteña e iste ponse a bailar e da un gran discurso.Pozzo e Lucky marchan. 
Chega un Rapaz que aparentemente traballa para Godot ainda que seguramente sexa unha alucinación. Dilles que Godot non chegará hoxe se non mañá. Agora e de noite e deciden ir para volver maña e póñense melancólicos coa súa relación de máis de 50 anos

Pocas mujeres interpretan 'Esperando a Godot' y Samuel Beckett ...

No Acto II Vivi e Gogo vólvense a encontrar xa que non pasaron a noite xuntos. A Estragón pegáronlle e ademáis non recorda moi ben o que pasara o día anterior e Vladimir tenta de facerllo recordar. Esta vez o sauce chorón está cheo de vida o que pode ser símbolo de algo ou quizais e que chegou a primaveira pero eles ao estar locos non o saben e levan vivndo sen saber un tempo. De súpeto oen un ruidos e pensan que é Godot pero realmente os están rodeando. Estes ocultanse é cando saen de novo ven que non hai ninguén polo que eu penso están paranoicos.
Volven a entrar en escea Pozzo e Lucky. Pozzo está no chan e prométe pagarlles se lle axudan a levantar e o van intentando e Pozzo vai subindo a paga. Cando o consguen este di estar cego e non reconocerlles. Despois os nosos dous protagonistas pídenlle a Lucky que os entreteña pero Pozzo di que é mudo. Todo é moi extraño e logo vanse. Aparece outro rapaz ou quizais o mesmo e dilles que Godot aparecerá mañá e que leva barba branca. Eles toman a decisión de que se mañá non chega Godot eles aforcaránse.
Así remata a historia aparentamente absurda pero que realmente non o é tanto.

Vladimir: Di: estoy contento. Estragon: Estoy contento. Vladimir: Estamos contentos. Estragon: Estamos contentos. (Silencio). ¿Y qué hacemos ahora que estamos contentos? Vladimir: Esperamos a Godot. Estragon: Es cierto.



Non é a nosa vida moi parecida a esta historia? Pasámonos a vida esperando a algo que nunca chegará ( quizás a completa e innamovible felicidade ) e mentres tanto vamos marcándosnos pequenos obxectivos que fan que todo teña un aparente sentido (que ben! xa conseguín aforrar o suficiente para ter este coche!) e logo pasamos a outro e aoutro porque o peor que nos pode pasar e quedarnos sen algo que facer, sen un obxectivo, volveríamonos tolos. Recórdovos que son vagabundos, realmente non teñen nada e non aspiran a nada, márcanse un obxectivo que é agradar a Godot e cando este obxectivo floxea pensan en quitarse a vida. Ao final Godot non chega e seguramente nunca existiu. E cando se den conta aforcaránse ao igual que nós se nos decatásemos de que a completa felicidade a cal é o noso obxectivo nunca existiu e existirá.


 Aínda que sempre queda a esperanza que é o último que se perde.


No hay comentarios:

Publicar un comentario